Día 11 – Reflexión 2 e enquisas sociolingüísticas
FALAMOS – REFLEXIÓN 2
Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +. Parabéns!
Seguro que es das persoas que se está implicando moito na actividade e tes o teu galego en plena vitalidade. Hoxe vas ter a misión de realizar a túa segunda reflexión.
- Está a ser como ti esperabas?
- Como vai o teu reto persoal?
- Pódesnos contar algunha anécdota?
- Xa identificaches as persoas que che axudan a falar máis en galego?
- Que che parecen os materiais creados polos outros centros participantes?
- Que che están a parecer as actividades dos 21 Días co Galego e + no teu centro?
- Pensa un novo reto medible e graduable para ti na segunda parte do programa que agora empeza.
E lembra, todas as linguas suman!
ENQUISAS SOCIOLINGÜÍSTICAS
Como sabedes, cada catro anos debemos elaborar as enquisas sociolingüísticas para o deseño posterior do Proxecto lingüístico de centro (PLC). Imos aproveitar a realización dos 21 días co galego e + para as realizarmos.
Estas enquisas son anónimas. Para as realizar, no teu centro de ensino vanche dar un código de identificación do teu centro que deberás inserir no teu cuestionario.
Alumnado
Debes seguir as instrucións do teu profesorado. Serán as profesoras e os profesores quen che indiquen cando e como vas facer as enquisas na aula. Non esquezas comezar inserindo o código de identificación do teu centro.
Ligazón ao cuestionario para o alumnado
Familias
Para cubrir as enquisas só teñen que seguir a ligazón ao cuestionario e inserir o mesmo código de identificación do centro que lle facilitaron á súa filla ou fillo.
Ligazón ao cuestionario para as familias
Persoal non docente
Debes seguir as instrucións da persoa coordinadora dos 21 días co galego e + no teu centro.
Ligazón ao cuestionario para o persoal non docente
Profesorado
Debes seguir as instrucións da persoa coordinadora dos 21 días co galego e + no teu centro.
Ligazón ao cuestionario para o profesorado


