Día 12 – Vida submarina

Imos aproveitar o sábado para achegarnos a un ODS que nos afecta moi directamente; trátase do obxectivo de desenvolvemento sustentable número 14, Vida submarina.

Imos ver algúns datos:

  • Os océanos cobren as tres cuartas partes da superficie terrestre, conteñen o 97 % da auga do planeta e representan o 99 % da superficie habitable do planeta en volume.
  • Os océanos conteñen case 200.000 especies identificadas, pero as cifras reais poderían ser de millóns.
  • Máis de tres mil millóns de persoas dependen da biodiversidade mariña e costeira para o seu sustento.

A pesca mariña emprega directa ou indirectamente máis de 200 millóns de persoas. Inclúese neste obxectivo, no seu apartado 14.b. Facilitar o acceso dos pescadores artesanais aos recursos mariños e aos mercados.

Traémosche un vídeo divulgativo sobre a riqueza do noso mar, tanto no plano biolóxico coma no lingüístico. Esta peza audiovisual ten como obxectivo dar a coñecer as especies e tipos de fondos e ao mesmo tempo que coñezas os nomes que reciben en galego e que son diferentes ao longo da costa.

 

E para rematar o vídeo musical Banharemonos nas Ondas de Laura Montagne e Pico Amperio baseado na letra da cantiga medieval de Martín Codax mestura poesía medieval con música electrónica.

Quantas sabedes amar amigo
treydes comig’ a lo mar de Vigo:
E banhar-nos-emos nas ondas!

Quantas sabedes amar amado
treydes comig’ a lo mar levado:
E banhar-nos-emos nas ondas!

Treydes comig’ a lo mar de Vigo
e veeremo’ lo meu amigo:
E banhar-nos-emos nas ondas!

Treydes comig’ a lo mar levado
e veeremo’ lo meu amado:
E banhar-nos-emos nas ondas!
Martín Codax

Etiquetas

, ,