DÍA 11 – XOGAMOS EN FAMILIA ÁS ADIVIÑAS E AOS REFRÁNS I

Ola familia! Como foi esta semana falando en galego?

Para xogardes todos xuntos en familia este sábado traémosvos vídeos de adiviñas e refráns realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis, no CEP Campolongo de Pontevedra, no CEIP A Ramallosa de Teo, no CEIP Frei Luís de Granada de Sarria, no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloria no Barco de Valdeorras.

Esperamos que vos gusten, que xoguedes moito todos xuntos e que acertedes moitas palabras.

E se vós tamén queredes facer vídeos de adiviñas e refráns para compartilos e que xoguen outras familias, facédenolos chegar ao enderezo de correo 21diascogalegoemais@gmail.com e compartirémolos nas nosas contas para que poidan chegar a moitos nenos que xogarán en galego.

(preme na imaxe para acceder á listaxe de vídeos de adiviñas e refráns)