DÍA 21 – CHEGAMOS AO ÚLTIMO DÍA DO TEU RETO CO GALEGO E AGORA… VEÑÉN MOITOS MÁISSSSSSSSSS!!!
Parabéns, boa xente dos 21 días co galego e máis!
Hoxe, para rematar estas tres semanas, traémosvos un súper agasallo que vos vai achegar ao galego sempre que queirades e esteades onde esteades; falamos da app de agalega.gal dedicada especialmente para vós para que sempre poidades gozar das cousas que vos gustan na lingua que vos gusta.
xabarin.gal
Mira todo o que podes atopar en xabarin.gal:
- Programas diferentes para pequerrech@s, cativ@s e mociñ@s.
- Radio Picariña con música infantil.
- Os programas dos Bolechas.
- Os contidos do Digochiño.
- Filmes.
- Series de debuxos animados.
- Series de cine.
- Programas para achegarnos á ciencia.
- Series para aprender inglés.
- Series de anime.
- Contidos do Xabarín.
- A información para te afiliares ao Club do Xabarín.
E, coma sempre, para rematar…
Cantamos e bailamos
e hoxe facémolo co tema do Digochiño que máis vos gusta, ‘A canción para desafinar’ .
(Preme na imaxe para ver o vídeo)
CHEGAMOS AO ÚLTIMO DÍA DO TEU RETO CO GALEGO. ESPERAMOS QUE O PASASES BEN E QUE CHE GUSTASE TER MÁIS CONTACTO COA NOSA LINGUA.
EH, PERO ISTO NON REMATOU! SE TI QUERES QUE TE SIGA ACOMPAÑANDO, SÓ TES QUE FALAR GALEGO E VIRÁN MOITOS MÁISSSSSSSSSS!!!












