DÍA 21 – CHEGAMOS AO ÚLTIMO DÍA DO TEU RETO CO GALEGO E AGORA… VEÑÉN MOITOS MÁISSSSSSSSSS!!!

Parabéns, boa xente dos 21 días co galego e máis!

Hoxe, para rematar estas tres semanas, traémosvos un súper agasallo que vos vai achegar ao galego sempre que queirades e esteades onde esteades; falamos da app de agalega.gal dedicada especialmente para vós para que sempre poidades gozar das cousas que vos gustan na lingua que vos gusta.

xabarin.gal

Mira todo o que podes atopar en xabarin.gal:

  • Programas diferentes para pequerrech@s, cativ@s e mociñ@s.

  • Radio Picariña con música infantil.
  • Os programas dos Bolechas.

  • Os contidos do Digochiño.

  • Filmes.

  • Series de debuxos animados.

  • Series de cine.

  • Programas para achegarnos á ciencia.

  • Series para aprender inglés.

  • Series de anime.

  • Contidos do Xabarín.
  • A información para te afiliares ao Club do Xabarín.

 

E, coma sempre, para rematar…

Cantamos e bailamos

e hoxe facémolo co tema do Digochiño que máis vos gusta, ‘A canción para desafinar’ .

(Preme na imaxe para ver o vídeo)

 

CHEGAMOS AO ÚLTIMO DÍA DO TEU RETO CO GALEGO. ESPERAMOS QUE O PASASES BEN E QUE CHE GUSTASE TER MÁIS CONTACTO COA NOSA LINGUA.

EH, PERO ISTO NON REMATOU! SE TI QUERES QUE TE SIGA ACOMPAÑANDO, SÓ TES QUE FALAR GALEGO E VIRÁN MOITOS MÁISSSSSSSSSS!!!