BENVIDAS E BENVIDOS AOS 21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS 2025
Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten coa lingua galega e co resto de idiomas que coñece porque, como ben dicía Castelao:
Neste 2025, Ano Castelao, ao longo de 21 días, aquí ides atopar propostas diversas para vos achegardes ao galego e á súa cultura.
A maioría dos contidos que se vos ofrecerán son produto do traballo do alumnado e do profesorado de cada un dos dez centros de ensino participantes. Sodes os seguintes:
CEIP Emilio González López (Cambre)
CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos)
CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas)
CEIP Plurilingüe de Sequelo (Marín)
CEIP Plurilingüe do Carballal (Marín)
CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas (O Barco de Valdeorras)
CPR Plurilingüé La Grande Obra de Atocha (A Coruña)
Ao longo das próximas xornadas vós seredes as e os protagonistas dos 21 Días co Galego e + 2025.
CITAS
Non esquezades as nosas citas diarias:
– Nesta páxina.
– Nas nosas redes sociais: Facebook, Instagram, TikTok e Twitter
– Na Radio Galega, de luns a venres no programa Galicia por Diante, ás 13:15 horas
– Tamén imos ter como cómplice desta edición a xente do Dígocho eu! para nos divertirmos mellorando a nosa lingua.
CANTAMOS
E comezamos cantando coa mesma alegría coa que rematamos a pasada edición da man das Cantareiras do Laxeiro no Encontro 21 Días co Galego e + 2024.

