Día 9 – Apps en galego
O deseño desta xornada dos 21 Días co Galego e + correu a cargo do IES Antón Alonso Ríos.
Hoxe ímonos achegar ás novas tecnoloxías e máis concretamente ás apps. Para iso mira o seguinte vídeo.
Agora demostra canto sabes de novas tecnoloxías no seguinte Pasagalego.
SOLUCIONARIO_Pasapalabra NOVAS TECNOLOXÍAS
Convídámoste a que galeguices o teu móbil:
Paso 1: Escolle o galego como idioma para o teu dispositivo.
Paso 2: Instala apps de ferramentas básicas de lingua como o Portal das Palabras, etc.
Paso 3: Instala apps en galego.
REFLEXIÓN 4
Hoxe tócache realizar a túa cuarta gravación de reflexión.
Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final do día, o que realmente importa é a túa sinceridade e capacidade de análise.
Xa levas unha semana de proxecto!
- Como arrancou esta segunda semana do proxecto?
- Sénteste con máis ou menos forzas que a semana pasada? A que cres que é debido?
- Cales son as persoas que máis te axudan a conseguir o teu obxectivo? Non cres que talvez sería boa idea agradecérllelo?
Que a afouteza do galego te acompañe!
