Día 10 – Mulleres galegas imprescindibles

Día 10 – Mulleres galegas imprescindibles
E chegou o venres, hoxe imos ir ata Santiago de Compostela para encontrar as nosas amigas e amigos do CEIP López Ferreiro que nos van falar de mulleres imprescindibles. Vexamos os seus vídeos. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Falamos Todos temos mulleres imprescindibles. Cal é a túa muller imprescindible? E por que é ...

DÍA 9 – As emocións

DÍA 9 – As emocións
Este xoves imos traballar as emocións co alumnado do CEP Campolongo de Pontevedra. Saber xestionar as emocións é unha aprendizaxe indispensable para as persoas. Nos seus dous vídeos, as alumnas e os alumnos van definindo e analizando cada unha das emocións para que as poidamos recoñecer. (Preme nas imaxes para ver os vídeos) Conversamos Ola, ...

DÍA 8 – SAÚDE, BENESTAR E CINE

DÍA 8 – SAÚDE, BENESTAR E CINE
Hoxe imos ata Vigo para coñecer o alumnado do CEIP García Barbón que, a través do cine, traballa o ODS número 3, Saúde e benestar. Fixádevos ben en que o vídeo remata cun rap moi marchoso do alumnado de 1º ciclo. (Preme na imaxe para ver o vídeo) A profesora Eva López Quiroga explícanos este ...

Día 7 – Ecosistemas terrestres

Día 7 – Ecosistemas terrestres
Hoxe os nosos protagonistas son as alumnas e os alumnos do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, no Barco de Valdeorras, que veñen falar con nós de ecosistemas terrestres. Este é un vídeo especial porque nel nos contan como viviron en primeira persoa o grave incendio que se produciu en xullo de 2022. Escoitade o ...

Día 6 – Reflexionamos 1

Día 6 – Reflexionamos 1
Analizamos como nos vai Ola, como che vai? Como foi a fin de semana? Falaches moito galego? Notas que falas máis galego dende que comezaches cos 21 días co galego e máis? Cando o falas? E cando non o falas? Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito para ti para falalo ...

Día 5 – Xogamos en familia ao tabú 2

Día 5 – Xogamos en familia ao tabú 2
Ola familia! Xa practicastes moito o tabú cos cinco centros de onte? Para que sigades a xogar todos xuntos tamén hoxe,  traemos os tabús dos outros cinco centros que participan nos 21 días co galego e máis 2024  e que tamén crearon vídeos do xogo do tabú realizados para vós con moito cariño. Son o ...

Día 4 – Xogamos en familia ao tabú 1

Día 4 – Xogamos en familia ao tabú 1
Ola familia! Como vos vai falando en galego? Para xogardes todos xuntos en familia esta fin de semana traémosvos vídeos do xogo do tabú realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis, no CEP Campolongo de Pontevedra, no CEIP A Ramallosa de Teo, ...

Día 3 – Os oficios esquecidos

Día 3 – Os oficios esquecidos
Rematamos a semana de clases co CEIP Frei Luís de Granada de Sarria. O alumnado deste cole vainos falar dos oficios esquecidos, aqueles traballos que antes eran comúns e que agora, ou non existen, ou case non os vemos arredor de nós. Imos ver que nos contan: (Preme na imaxe para ver o vídeo) Falamos ...

Día 2 – As cores da saúde

Día 2 – As cores da saúde
A primeira colaboración dun cole chega hoxe da man do  CEIP de Nadela de Lugo, que vén falar dun tema moi interesante, da relación entre as cores dos alimentos e a saúde. Mirade as rapazas e rapaces deste cole que ben a explican. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Falamos Que…? Como ides cos ...