Día 15 – Reto 3

Hoxe presentámosvos o 3.º reto destes 21 días co galego e +. Esta semana ides ter que crear un vídeo que estea relacionado coa música ou con outras artes. Son moitas as producións que podedes realizar nesta terceira semana. Dámosvos algunhas ideas: – Facer a versión dunha canción popular con pictogramas que axude a aumentar ...

Día 14 – Domingos familiares

Este segundo domingo vai estar protagonizado polas propostas ás familias do IES Afonso X O Sabio de Cambre e do IES Ánxel Fole de Lugo. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia coas vosas fillas e fillos, tamén o fixésedes connosco a través das nosas redes sociais. Convidámosvos ao seguinte: Observade o vídeo. Seguide ...

Día 13 – Sábado de propostas en familia

Este sábado vimos con dúas propostas de actividades para realizar en familia do IES de Poio e do IES As Lagoas de Ourense. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia coas vosas fillas e fillos, tamén o fixésedes connosco a través das nosas redes sociais. Convidámosvos ao seguinte: Observade o vídeo. Seguide a proposta. ...

Día 10 – O CPR Fogar de Santa Margarida

Como ides esta semana? Hoxe toca coñecer a comunidade educativa do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña. Véñennos falar da diversidade lingüística no mundo, unha diversidade que exemplifican tamén con algúns membros do seu alumnado. E vós que pensades da diversidade lingüística? Que vantaxes lle atopades fronte ao monolingüismo?  

Día 9 – O IES Afonso X achéganos á lusofonía

Ola, como vos vai neste martes de inverno? Hoxe chégannos os vídeos do IES Afonso X O Sabio de Cambre. Imos ver a súa presentación. O tema elixido por este instituto é a lusofonía. Que sabiades vós das relacións galego-portuguesas? Credes que desde Galicia coñecemos a cultura portuguesa? Coñecedes a iniciativa Ponte nas ondas? E ...