Ola familias con nenas e nenos de Educación Infantil, aquí tedes as propostas para xogardes na casa esta primeira fin de semana dos 21 Días co galego e + realizadas por rapazas e rapaces deste nivel educativo do CEIP Plurilingüe do Carballal de Marín, do CEIP Manuel Respino da Rúa e do CEIP Francisco Vales ...
Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten coa lingua galega e co resto de idiomas que coñece porque, como ben dicía Castelao: Neste 2025, Ano Castelao, ao longo de 21 días, aquí ides atopar propostas diversas para vos ...
Parabéns, boa xente dos 21 días co galego e máis! Hoxe, para rematar estas tres semanas, traémosvos un súper agasallo que vos vai achegar ao galego sempre que queirades e esteades onde esteades; falamos da app de agalega.gal dedicada especialmente para vós para que sempre poidades gozar das cousas que vos gustan na lingua que ...
Hoxe traemos un agasallo moi bonito para comezar a falar co galego. Chámase Libro da memoria, un proxecto que nace no CEIP López Ferreiro de Santiago de Compostela da man das mestras de educación infantil Fátima Rodríguez Eiroa e Rosa E. Suárez Veiga e que frutifica nunha publicación realizada coa colaboración da área de Didáctica da ...
Ola, familia! Como vai a fin de semana falando en galego? Para xogardes todos xuntos en familia, este domingo traémosvos vídeos do xogo do pasaGalego realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis. Se premes no nome do centro, levarate ao seu pasaGalego. ...
Ola, familia! Como foi esta semana falando en galego? Para xogardes todos xuntos en familia, este sábado traémosvos vídeos do xogo do pasaGalego realizados para vós con moito cariño en cinco dos centros participantes este ano nos 21 días co galego e máis. Se premes no nome do centro, levarate ao seu pasaGalego. CEP Campolongo ...
Chegamos ao final da semana coa última entrega dos centros participantes na sexta edición dos 21 días co galego e máis. Este venres o protagonista é o CEIP da Ramallosa de Teo. Os seus Ramalloseir@s veñen defender a importancia do noso patrimonio cultural a través dun telexornal ben curioso. Mirade, mirade! (Preme na imaxe para ...
Hoxe vimos moi concienciados para protexer o planeta e por iso o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo nos vai ensinar unha morea de accións que podemos facer polo clima. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Falamos E hoxe, que foi o primeiro que dixeches cando espertaches? A que é bonito espertar en galego! Fixácheste, ...
No CEIP O Couto de Ourense están a traballar o achegamento á pintura e máis concretamente ás mulleres pintoras. Vexamos que nos ensinan no seu vídeo. (Preme na imaxe para ver o vídeo) Se cadra non coñeces moitas pintoras galegas. Traémosvos un vídeo onde poderedes ver moitas obras de pintoras galegas que se moven lentamente ...