Nesta lista de reprodución recóllese a participación do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña nos 21 Días co Galego e + 2020. A actividade no centro foi coordinada polos profesores Carlos Medrano e Pablo Quintá.
Comezamos a publicar os vídeos das alumnas e alumnos dos centros participantes no programa 21 Días co galego e máis da Secretaría Xeral de Política Lingüística na edición 2020. Con esta morea de vídeos que imos ir publicando queremos tamén facilitar a aparición de material lúdico nos fogares. #21díascogalegoemáis #aculturasegue
REFLEXIÓN 3 Hoxe tócache realizar a túa terceira e última gravación de reflexión: neste caso trátase dunha reflexión especial coa que se pretende que realices unha análise xeral da túa participación no proxecto. Para iso queremos que fagas memoria e que lembres como comezamos.. Recorda que, nestes vídeos que deberás gravar en solitario ao final ...
O IES Eduardo Blanco Amor e o CPR Fogar de Santa Margarida envíannos varias propostas para falardes coa familia, que tanto podedes realizar se vos presta estar na casa ao quentiño, como se sodes dos que aproveitan a fin de semana para ir dar unha volta e coñecer mundo. Se subides os vídeos ás vosas ...
Hoxe coñeceremos o último centro participante, o IES Illa de Ons, que nos trae unha presentación chea de emoción a través das vivencias das persoas integrantes desa comunidade educativa. Agora imos ver todo o que significou para os seus membros traballar na creación conxunta dun musical. Por último, queren facervos unha proposta de actividade en ...
Hoxe volvemos ás terras ourensás da man do IES As Lagoas. Vexamos a presentación deste centro educativo: Como estamos no 2020, dende este instituto decidiron falarnos precisamente do Centenario da revista Nós, tan vinculada á súa terra. Ademais deste contido, tamén nos ofrecen unha tarefa sobre a revista Nós para facer de xeito voluntario. Velaí ...
Hoxe achegámonos ao IES Ánxel Fole de Lugo. Este centro da capital lucense envíanos un videopoema titulado INDIGNIDADE que une literatura e reivindicación.
Hoxe o noso protagonista é o IES Blanco Amor. Vexamos a súa presentación: O alumnado deste instituto vainos guiar por un interesante percorrido polas rúas do Ourense máis ilustrado.
Hoxe presentámosvos o 3.º reto destes 21 días co galego e +. Esta semana ides ter que crear un vídeo que estea relacionado coa música ou con outras artes. Son moitas as producións que podedes realizar nesta terceira semana. Dámosvos algunhas ideas: – Facer a versión dunha canción popular con pictogramas que axude a aumentar ...