Na xornada de hoxe ímonos achegar ao IES de Poio na provincia de Pontevedra. Neste centro de ensino priorizan a educación na inversidade e na integración de todo o alumnado como unha liña de traballo básica. Vexamos que nos contan. E vós, por que credes que é boa a diversidade? En que medida credes ...
Neste terceiro día imos coñecer o primeiro dos centros educativos participantes: trátase do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, un instituto cunha longa tradición que neste 2020 fai 175 anos de existencia. Vexamos a súa presentación. O alumnado e o profesorado do IES Arcebispo Xelmírez I decidiron centrar a súa contribución nos 21 días co galego e + no ciberacoso, un tema ...
Como ides? Gustouvos a inauguración dos 21 Días co Galego e + de onte? Ao longo destas semanas ides ter que superar varios retos creativos para os que teredes que usar moito a lingua para falar. Para superardes cada un debedes traballar de forma colaborativa elaborando un vídeo entre un grupo de compañeiras e compañeiros ...
Este é un programa que pretende aumentar e perfeccionar o emprego oral do galego así como a reflexión persoal sobre a relación que cada persoa ten co galego e co resto das linguas que coñece. Ao longo de 21 días, aquí atoparedes propostas diversas para vos achegardes ao galego e á súa cultura. A maioría ...
Xa estamos traballando na vindeira edición dos 21 Días co Galego e + para traervos moitos institutos, moitas novidades e, sobre todo… moito alumnado falando en galego!