Velaquí os vídeos-resumo dos centros participantes:
Hoxe coñeceremos o último centro participante, o IES Illa de Ons, que nos trae unha presentación chea de emoción a través das vivencias das persoas integrantes desa comunidade educativa. Agora imos ver todo o que significou para os seus membros traballar na creación conxunta dun musical. Por último, queren facervos unha proposta de actividade en ...
Hoxe volvemos ás terras ourensás da man do IES As Lagoas. Vexamos a presentación deste centro educativo: Como estamos no 2020, dende este instituto decidiron falarnos precisamente do Centenario da revista Nós, tan vinculada á súa terra. Ademais deste contido, tamén nos ofrecen unha tarefa sobre a revista Nós para facer de xeito voluntario. Velaí ...
Hoxe achegámonos ao IES Ánxel Fole de Lugo. Este centro da capital lucense envíanos un videopoema titulado INDIGNIDADE que une literatura e reivindicación.
Hoxe o noso protagonista é o IES Blanco Amor. Vexamos a súa presentación: O alumnado deste instituto vainos guiar por un interesante percorrido polas rúas do Ourense máis ilustrado.
Este venres imos coñecer o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. O alumnado deste IES de Tomiño vainos ensinar a colocar a lingua. Que non o credes? Mirade o vídeo e aprendede. Se queres saber como se pronuncia unha palabra, podes consultar o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega. ...
Como ides esta semana? Hoxe toca coñecer a comunidade educativa do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña. Véñennos falar da diversidade lingüística no mundo, unha diversidade que exemplifican tamén con algúns membros do seu alumnado. E vós que pensades da diversidade lingüística? Que vantaxes lle atopades fronte ao monolingüismo?
Ola, como vos vai neste martes de inverno? Hoxe chégannos os vídeos do IES Afonso X O Sabio de Cambre. Imos ver a súa presentación. O tema elixido por este instituto é a lusofonía. Que sabiades vós das relacións galego-portuguesas? Credes que desde Galicia coñecemos a cultura portuguesa? Coñecedes a iniciativa Ponte nas ondas? E ...
Chega a fin de semana e gustaríanos que vós, as familias, tamén formásedes parte deste ilusionante proxecto que son os 21 días co galego e +. Para isto traémosvos neste sábado unha proposta de análise sociolingüística do IES de Vilalonga para observardes o comportamento lingüístico do comercio. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia ...
O terceiro centro educativo que imos coñecer nesta edición é o IES de Vilalonga no concello de Sanxenxo. Sabías que os telleiros tiñan a súa propia verba ou latín dos telleiros, que lles servía para que ninguén (por exemplo, os xefes) soubesen de que estaban a falar. Hoxe os adolescentes tamén teñen falas de seu. ...