Xornada de presentación de resultados do proxecto AQUALITRANS

O vindeiro mércores 26 de setembro terá lugar a xornada na que os socios do proxecto AQUALITRANS presentarán os resultados do traballo..

O encontro terá lugar na EDAR de Punta Avarenta, Ares, onde se reunirán os técnicos e membros das entidades socias do proxecto.

O inicio da xornada está previsto para as 10:30 horas cunha visita ás instalacións da planta depuradora, na que se desenvolverá un proxecto piloto de mellora da eficiencia enerxética vencellado a AQUALITRANS. A continuación presentaranse de maneira oficial os primeiros resultados do proxecto ao público asistente, representantes institucionais e medios de comunicación.

PROGRAMA DO EVENTO

Etiquetas