Beneficiados

Beneficiados

Os principais beneficiados polo proxecto AQUALITRANS serán os xestores e operadores de EDAR (administracións públicas e empresas privadas) que obterán o coñecemento e as claves que lle permitirán mellorar a eficiencia na súa xestión.

Xunto a eles, todos os axentes da cadea de valor (administración, técnicos, xestores, operadores, fabricantes, deseñadores …) vinculados aos procesos de depuración de augas residuais poderán tamén beneficiarse do coñecemento obtido.

Asemade, o conxunto da sociedade poderá beneficiarse dun proxecto que permitirá realizar un uso máis eficiente dos recursos naturais nun proceso de necesidade para a poboación, como é o tratamento das augas residuais.