Protocolo en caso de desbordamento do río

Os desbordamentos dos ríos son procesos naturais imprescindibles para o mantemento da dinámica e do bo estado tanto dos cauces como dos ecosistemas dependentes da auga.

Neste sentido, O PXRI da demarcación hidrográfica de Galicia Costa ten como obxecto proporcionar medidas e criterios que nos permitan compatibilizar as actividades humanas cos procesos naturais de desbordamento do cauces.

Se ocupamos o espazo natural do río con muros, edificacións e industrias, construímos pontes pequenas e canalizamos os leitos, a auga vai máis rápido e o nivel aumenta, polo que o río desborda e a poboación se inunda.

 

Que facer en caso de desbordamento do río?

As medidas que forman parte do protocolo entran en xogo na fase de ocorrencia da inundación. Dentro de esta tipoloxía, destacan as medidas de planificación encamiñadas a dar resposta á cidadanía ante a chegada da avenida para axudar e facer fronte así ao suceso conseguindo paliar os seus efectos negativos.

Desta forma, o protocolo en caso de desbordamento pretende dar resposta con acción estratéxicas que pretendan servir de resposta ás dúbidas que poidan presentar ante o desbordamento dun río. A continuación, un breve resumo das medidas:

 

  • Poñerse a salvo e manterse informado prestando moita atención as instrucións das autoridades competentes. É moi importante revisar e permanecer pendente das previsións meteorolóxicas e facer caso das recomendacións pertinentes.

  • Afastarse do río e das zonas susceptibles de inundación tendo a precaución de non atravesar unha zona asolagada, nin a pé nin a coche aínda que se trate dunha zona coñecida. Nunca se sabe como puideron variar as condicións do terreo.
  • Evitar as zonas baixas e ladeiras dos montes e non aparcar á beira do río.
  • O máis importante: manter a calma, pensar e logo actúa pois trátase dunha situación de bastante perigo polo que conven estar en alerta.

 

Cando se produce a inundación, o obxectivo é axilizar a recuperación e extraer as conclusión para mellorar a xestión. Estas medidas incluén tarefas a realizar unha vez finalizada a inundación para paliar os seus efectos negativos e aumentar o noso coñecemento.

Neste sentido, coa activación do protocolo pretendese mellorar o coñecemento, a capacidade e a coordinación para conseguir unha redución do risco e unha mellora da resiliencia diminuíndo así a vulnerabilidade.