Lembrando o noso primeiro paso!

As cousas do Camiño van amodiño, e nós bailamos ao seu ritmo!! E aínda que xa fai algún tempo que comezamos (a árbore de Nadal da foto delátanos) entre ir aquí, acolá e más alá non temos tempo de compartirlo con vós.

A primeira actividade que fixemos foi de auténtico adestramento. As frechas amarelas axudáronnos a chegar ata un grande tesouro!

Na biblio aprendemos cousiñas para Mirar o Camiño…

Entre todos fomos descubrindo que ao noso arredor temos moitos máis tesouros, que sendo nosos tamén son de todos eles, elas… do mundo, e que precisamos coidar.

Como primeiro exemplo, a nosa Catedral. E dende aquela, fai xa un par de meses, fomos engadindo algunha que outra cousiña máis… Todas para ver, gozar e coidar!!! Pero imos  deixalas para outro momento, agora mesmo chaman por nós, parece que os nenos da aula 6 teñen unha dúbida sobre a Ruta do Mar de Arousa.

Vémonos pronto.

Bo Camiño!!!