Facendo Camiño, Xuntos
O alumnado do 2º ciclo de Primaria do CPI Plurilíngüe dos Dices está a traballar o Camiño: iniciación ao Camiño en 3º facendo unha serie de actividades motividoras, e en 4º facendo o estudio do Camiño como eixe vertebrador durante todo o curso.
Ao longo do ano académico traballaranse diferentes aspectos do Camiño mediante actividades, visualización de vídeos, lecturas, investigacións…… A maioría do traballo está recollido na páxina do Camiño de Santiago no blog de aula:
https://unhachaveaosaber.wordpress.com/o-camino/
O traballo semanal está organizado da seguinte maneira, ainda que como toda programación, ten un carácter flexible e adaptarase as circunstancias que poidan xurdir. No caso de que algún membro falte: profesorado, alumnado sempre se sabrá que parte haberá que facer e poder ter unha continuidade.
|
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
|
Etapa |
Factura |
Lenda |
Símbolo / Investigación |

Na infografía que hai a esquerda móstranse algunhas das actividades que foron realizándose ata o momento. E moi gratificador ver o gosto que mostra o alumnado con este tipo de actividades, potenciando as diferentes competencias básicas.
Durante todo o proceso traballamos as diferentes materias do currículo así como outros conceptos que van xurdindo por que na maioría das veces son eles mesmos quen van marcando o que traballar e aumentando a información.
Outras actividades que temos programadas para realizar no que queda de curso serían:
Charlas:
- 4 de marzo con Rodrigo Costoya gran camiñante e escritor que realizaou os diferentes Camiños varias veces, que ven darnos a súa visión e información sobre esta ruta peregrina.
- No terceiro trimestre teremos unha charla cun tiraboleiro da Catedral para que explique como funciona o Botafumeiro e que conte anédotas do mesmo.
Ruta:
- En Xuño temos programada e concertada a ruta Traslaio dende Vilanova de Arousa ata Pontecesures
rememorando a travesía que supostamente fixeron os discípulos co corpo do Apóstolo Sant:iago ata Iria Flavia.
- Visita guiada a Catedral e Pórtico da Gloria.
Xogos
- Busca templaria: unha busca do tesouro con nove estacións para coñecer un pouco máis sobre o Camiño con diferentes actividades e enigmas.
- Oca matemática : a través da oca traballaranse deferentes conceptos matemáticos.
(Estes dous xogos serán subidos proximamente nun seguinte artigo)