Un entroido con sabores da Ribeira Sacra

Un ano mais celebramos o Entroido desfilando pola Rúa Real. Como sempre, o centro do interese foi o noso territorio. O noso proxecto de centro este curso é “Un territorio arte-san”; así, os nenos e nenas de infantil puxeron en valor o mel; os de primeiro ciclo, as castañas; os de segundo ciclo, o viño; e os de terceiro ciclo, a artesanía da oliveira. Un gran número de familias acompañáronnos no percorrido, ás que agradecemos compartir esta actividade con nós.