ANDAINA POLO CAMIÑO DE INVERNO AO SEU PASO POR QUIROGA

31. Maio 2022
O venres, 29 de abril, o alumnado de 3°e 4° de primaria desfrutamos dunha inesquecible mañá na nosa saída. Visitamos o pobo de Margaride , descubrindo as súas interesantes covas, así coma os símbolos que engalanan as súas rúas. A continuación, emprendemos a nosa andaina para percorrer un tramo do Camiño de Inverno(Margaride- Barxa do ...

VISITA Á RIBEIRA SACRA

31. Maio 2022
O alumnado de 6º de primaria, acompañado polos mestres Sara e Javier e pola guía Marta, visitaron a Ribeira Sacra: o encoro de Belesar, o Eco-museo e o Castro de Arxeriz e o impresionante meandro do río Miño “ O cabo do Mundo”. Foi unha xornada moi produtiva na que aprenderon moito sobre a paisaxe ...

COÑECENDO A FLORA DE QUIROGA NO PASEO FLUVIAL

31. Maio 2022
O alumnado de 1° e 2° saíron visitar o paseo Fluvial do río Quiroga para facer unha actividade de recoñecemento e recolleita da flora da nosa contorna. Foi un día de desfrute ao aire libre para o profesorado e o alumnado https://photos.app.goo.gl/TuSztzF41V3uSbWc6

DÍA DA POESÍA. LUGARES DE INTERESE DO NOSO CONCELLO

31. Maio 2022
Conmemoramos o Día da poesía elaborando poemas acrósticos nas clases cos lugares máis representativos do noso concello. Así traballamos a poesía e o PDI: Quiroga na Ribeira Sacra. Día da Poesía Click to read this book, made with Book Creator https://read.bookcreator.com

MURAL DE ENTROIDO: MÁSCARAS DO ENTROIDO DA RIBEIRA SACRA

14. Marzo 2022
Seguimos co noso proxecto de “Quiroga na Ribeira Sacra”. Nesta ocasión e xa que Quiroga non ten personaxes típicos do Entroido, traballamos aqueles personaxes típicos dos concellos da Ribeira Sacra que si teñen un personaxe característico. Así,fixemos un traballo colaborativo por ciclos e confeccionamos un mural con todas as máscaras realizadas. Quedaron moi ben!! http://bibliodoceipquiroga.blogspot.com/2022/03/mural-de-entroido-mascaras-do-entroido.html ...

ENTROIDO 2022. ENTROIDO NA RIBEIRA SACRA

14. Marzo 2022
Entroido no CEIP: Despois dunha semana de intriga pensando que pretendía o Meco cos seus mandados, hoxe por fin resolveuse o misterio. Todos e todas transformámonos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada. Os volantes portan sobre a cabeza enormes gorros repletos de cintas entre as que varía una ampla gama de cores, aínda que ...

MURAL QUIROGA NA RIBEIRA SACRA

17. Decembro 2021
O alumnado do colexio aprende a ubicar Quiroga dentro da extensa comarca da Ribeira Sacra, a través deste gran mural que colgamos no descanso das escaleiras de acceso ao 1º andar.