Seguimos no estudo dun dos nosos produtos estrela: o mel
O día 12 de maio o alumnado de Educación Infantil, visitamos as instalacións de “Mel Cauru”.
Alí puidemos observar o proceso de extracción do mel e o seu etiquetado. Ademais déronnos a proba e puidemos degustala.
Explicáronnos a diferenza que había entre o mel ecolóxico e o que non o é, apreciamos os diferentes tipos de colmeas e ata vimos un niño de velutinas.Foi toda unha experiencia!


