A CULTURA A CARÓN DO NOSO RÍO: O SIL

Pechamos o Plan Proxecta deste ano, relacionado coa Educación Patrimonial e a Ribeira Sacra unindo nunha mesma saída parte do que somos. Por un lado o noso xeoparque, con Roi á cabeza e as súas explicacións sobre o que forma esta impresionante paisaxe. Por outro lado, Mar Bóveda dándolle a visión máis cultural a esta porción da Ribeira Sacra… e finalmente Severo, uníndose ás explicacións desde a percepción dun coñecedor do territorio. Un fin de Proxecta no que compartimos a teoría e a práctica visitando o Centro de Interpretación do Río Sil en Torbeo e varios xeomiradoiros do Concello de Ribas de Sil.
No CIRS a cativada aprendeu a importancia do curso do noso maior río na nosa orografía pero tamén o uso que desa auga fluvial facíase na nosa contorna. Aprendimos como a carón desta auga foron xurdindo as ferrerías e muíños tan típicos do noso concello.
Moitas grazas a todos os que o fixestes posible!