Porque todos o podemos precisar… compartimos.
Moi boas camiñantes,
Hoxe queremos compartir con todos vós unha app que lle facilita a moita xente poder coñecer as cidades que a UNESCO declarou no noso país patrimonio da humanidade: “Ciudades Patrimonio Accesibles” Entre elas, Santiago de Compostela.
Esta é unha aplicación accesible e gratuíta creada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade en colaboración coa Plataforma Estatal de Persoas con Discapacidade Física (PREDIF).
O obxectivo desta aplicación é ofrecer información sobre as condicións de accesibilidade da oferta turística das Cidades Patrimonio. Os seus contidos facilitan a planificación, selección dos recursos turísticos, así como dos establecementos que mellor se adaptan aos intereses e ás necesidades particulares de cada viaxeiro: monumentos, museos, oficinas de turismo, restaurantes…
A aplicación recolle as rutas de interese turístico de cada cidade mellor preparadas para ser percorridas por persoas con mobilidade reducida.
Parte da información está dispoñible en lectura fácil, un método de redacción que fai accesible os textos a personas con dificultades de comprensión lectora, por exemplo, personas con discapacidade intelectual.
Agardamos que esta información vos sexa interesante. Talvez hoxe non sexa o día que o necesites, pero no Camiño da vida nunca se sabe o que nos pode estar esperando ao dar a seguinte curva.
Hoxe, como sempre, vos desexamos un BO CAMIÑO!!!
