Como actividade de centro na semana da prensa fixemos un xornal sobre o Camiño de Santiago, para iso recompilamos todas as noticias que ata hoxe falaban do Camiño e tamén outros documentos de interese. Grazas a todas as familias pola súa colaboración!!!
Para celebrar esta conmemoración o alumnado do centro realizou un mural no que cada curso fixo un caligrama sobre a silueta dunha muller nos que se podían ler textos diferentes referentes ao Camiño de Santiago.
Este ano o alumnado do CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla realizou un desfile para celebrar o entroido, coa temática de diferentes culturas, por un tramo do Camiño de Inverno que pasa pola zona vella de Chantada, pasámolo xenial!!
Este ano o 31 de xaneiro fixemos no patio do noso colexio unha peregrinaxe polas diferentes etapas do Camiño de Santiago de Inverno, mostrando diferentes maneiras de axudarse durante o camiño. Podedes ver o vídeo no seguinte enlace. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeloisarivadulla/node/956
. Este Nadal o noso Belén é diferente. Fixémolo representando os diferentes pobos polos que pasa o Camiño de Inverno de Santiago. Esperamos que vos guste!!!
Como actividade de Samaín, o noso alumnado realizou diferentes traballos sobre as lendas relacionadas coas etapas polas que pasa o Camiño de Inverno. A continuación deixámosvos algunhas imaxes destas actividades. Esperamos que vos gusten! A LAGOA DA SERPE DE PENA TREVINCA – 6ºa LENDA DAS LAVANDEIRAS – 2ºb LENDA DAS XACIAS DE MARCE – Inglés ...
Como actividade de Samaín, o noso alumnado realizou diferentes traballos sobre as lendas dos pobos polos que pasan as etapas do Camiño de Inverno. A continuación deixámosvos algunhas imaxes destas actividades. Esperamos que vos gusten! Lenda da virxe do Faro – 5º Primaria LENDA A DAMA DO CASTRO DE GUNDIVÓS – 4º primaria
Este ano todxs imos ser peregrinxs!!!Propuxémonos facer o Camiño de Inverno de Santiago, xa que unha das súas etapas pasa pola nosa vila, Chantada. Para levalo a cabo combinarémolo con outro proxecto, a milla diaria. Aquí deixámosvos unha imaxe do mural no que imos poder contabilizar a distancia percorrida cada semana. Mural-Etapas-do-Camiño-de-Inverno (1)