Comezamos xa a montar o noso “Muro das verbas”, unha das actividades coas que promovemos o uso da lingua galega na nosa comunidade educativa. Nela o alumnado, coa axuda das familias, aporta verbas na nosa lingua mensualmente para completar un recuncho do noso centro. Se o curso pasado estas verbas eran de carácter xeral, este ...
Durante o primeiro trimestre todo o alumnado de primaria distribuído en ciclos realizou unha visita ao Museo Etnográfico de Quiroga. Esta visita enmárcase dentro das actividades programadas neste curso para afondar no coñecemento da artesanía do noso territorio. O alumnado puido observar utensilios propios desta zona que foron empregados para os labores do campo e ...
Despois dunha das nosas visitas ao Museo Etnográfico de Quiroga e de iniciarnos no tecido na aula o alumnado amosou moita curiosidade polo tear tradicional que todavía se conserva. Alí, Carmen, a tecedeira de Vieiros, ensinounos os segredos desta peculiar máquina arredor da que xiraba a vida non hai tanto tempo. https://www.instagram.com/reel/DHd1nf7NPG0/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==
Parte das nosas tradicións etnográficas dan lugar aos deliciosos produtos típicos da nosa zona. Un deles é o Mel Rural en Quiroga. Nesta visita o alumnado de infantil observou unha colmea coas abellas, os panais, a cera, o pole, as máquinas que se empregan para a extracción do mel e finalmente degustou este rico produto. ...
Un ano mais celebramos o Entroido desfilando pola Rúa Real. Como sempre, o centro do interese foi o noso territorio. O noso proxecto de centro este curso é “Un territorio arte-san”; así, os nenos e nenas de infantil puxeron en valor o mel; os de primeiro ciclo, as castañas; os de segundo ciclo, o viño; ...
O alumnado de infantil está inmerso no proxecto do centro Quiroga:Territorio ARTE-SAN, centrándose nestas derradeiras semanas nun produto tan típico da nosa contorna como é a castaña e nunha tradición case perdida. Contamos coa visita dos artesáns de Caurelor cos que fixemos un obradoiro de colares de zonchos, nome co que se denomina ás castañas ...
O alumnado do segundo ciclo fixo en novembro un percorrido por Quiroga para contemplar os murais que forman a ruta da arte urbana “Arte no Ar”. Estiveron acompañados por mestras do centro e por Alejandro, técnico de turismo do Concello de Quiroga, que fixo de guía e explicoulles todo o relacionado co que representan os ...
Enmarcado no noso patrimonio inmaterial traballamos as cantigas de reis da nosa comarca. Unha tradición case esqueciza pero que o noso alumnado tentou recoller dos maiores das súas casas. Aquí temos o resumo do acadado!