A investigación deste curso no Proxecto Educación Patrimonial do Plan Proxecta proseguiu co estudo do propio centro como elemento patrimonial e retomou o estudo da paisaxe cultural do municipio de Ames que tivemos que poñer en pausa o curso anterior por mor da pandemia de Covid-19. Este curso decidimos facer unha viaxe ao longo do tempo e elaborar ...
A investigación deste curso no Proxecto Educación Patrimonial do Plan Proxecta estivo marcado pola pandemia de Covid-19. O protocolo da pandemia fixo que, a diferenza doutros cursos, non puideramos realizar o estudo da paisaxe cultural do municipio de Ames, mais permitiunos desenvolver un proxecto moi interesante que había tempo queríamos facer: estudar o noso propio centro como ...
Os alumnos e alumnas de 4 de ESO de Xeografía e Historia realizaron o proxecto de investigación Mensaxes a través do tempo no que se puxeron na pel de diferentes personaxes históricos de época contemporánea. Os personaxes históricos foron asignados por parellas aos alumnos e alumnas, mais sen desvelar en ningún momento que alumno ou ...
Coa pandemia de covid-19 tivemos que suspender o proxecto de historia oral que comezaramos a realizar ao abeiro deste proxecto de Educación Patrimonial no que entrevistabamos á xeración dos avós e avoas e bisavós e bisavoas; pero con ela xurdiron tamén novas oportunidades, como a liña de Historia do presente que puxeron en marcha durante ...
Os alumnos e alumnas de 4º ESO das materias de Educación Física e Xeografía e Historia realizaron un percorrido de orientación en Santiago de Compostela organizado arredor de elementos históricos contemporáneos da cidade. Este traballo desenvolveuse co apoio da Asociación de orientación Correr e pensar. O percorrido ía darse a coñecer o día da celebración da European City ...
Os alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Plurilingüe de Ames realizaron a exposición Cartas cifradas renacentistas. Con este traballo seguiron explorando a paisaxe moderna de Ames no contexto global centrándose agora na cultura material. As cartas, tanto persoais como oficiais, son os documentos máis frecuentes da Idade Moderna, e na época tamén ...
Os alumnos e alumnas de 3º de ESO A da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames recrearon diferentes cadros de estilo renacentista e barroco no marco do estudo da Paisaxe moderna de Ames entre os camiños de Santiago no contexto global da Idade Moderna. Para esta recreación os alumnos e alumnas servíronse ...
Os alumnos e alumnas de 3 ESO A e 3 ESO F da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames realizaron unha investigación sobre os numerosos elementos da Idade Moderna existentes no noso municipio asociados aos dous camiños de Santiago que pasan por el (o camiño portugués e mais o camino de Fisterra ...
O día 10 de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe participaron nun obradoiro de danza barroca. O alumnado viaxou no tempo e no espazo ata o esplendoroso Versalles de Luís XIV, onde se atopou coa mestra de corte, Loli Fojón, da academia LoDanzas, que ...