Xa remantando o curso e o proxecto, vos presentamos o noso produto final: un mapa online onde se localizan os hórreos estudados, con ligazóns aos traballos de campo realizados polo alumnado. Clicando na imaxe poderedes acceder ao mapa: ...
O alumnado do IES Beade xa realizou o traballo de campo, tomando distintas medidas sobre os hórreos e entrevistando aos donos. Vos deixamos uns pequenos exemplos.
Versión dixital do caderno de campo que o alumnado do IES Beade empregará na súa investigación sobre os hórreos da parroquia https://www.calameo.com/read/006124175a240dbb6d520
As rapazas e rapaces de 3ºESO do IES de Beade comezan a buscar información e pensar en preguntas que poidan facerlle aos donos dos hórreos. Tras unha chuvia de ideas, recopilamos as preguntas con mentimeter. Podedes clicar na imaxe para ver as respostas. As propostas foron recopiladas empregando a aplicación mentimeter
Comezmos o proxecto cunha presentación das liñas xerais do mesmo ao alumnado participante, de 3º de ESO, e a activación do noso Twinspace, polo de agora cun socio portugués e outro turco.