1ºSaída Way Watchers 2º ESO CPR La Merced

 

1º saída dos Vixiantes do Camiño de 2º ESO para facer unha primeira inspección da contorna da escola, observar as necesidades que poidamos solventar como a limpeza de sinais e indicadores, recollida de lixo e repintado de frechas. Este mércores comezamos por facer una retirada de lixo e anotamos todas as frechas que hai que repintar e sinais que limpar na próxima saída.

Os alumnos de 2º de ESO transfórmanse en “Vixiantes do Camiño” e encargaranse ao longo do curso de facer unha limpeza e acondicionamento do Camiño na contorna da escola: limpeza das beiras, retirada de plásticos ou envases, limpeza das sinais e indicadores e repintado de frechas nos lugares onde non exista indicación, respectando en todo momento o entorno e indicando aos peregrinos da importancia de facer un bo Camiño dun xeito sostible.