O ENTROIDO NA ESCOLA

Como é ben coñecido, o entroido galego ten as súas propias tradicións e disfraces, que enraízan profundamente na nosa cultura popular. Ar redor da nosa localidade son moitos os lugares nos que o entroido se celebra a través de personaxes e celebracións propias.

Un carnaval tradicional que se representa desde tempo inmemoriais e que convive coa festa de disfraces propia do entroido máis actual, especialmente celebrado pola xente moza. Os disfraces de entroido son unha mostra de colorido, diversión e imaxinación, e cada ano mudan os temas que máis se levan á hora de se disfrazar.

Tampouco perdemos a ocasión de celebrar o entroido na escola. A diversión comeza a semana anterior, portando cada día as distintas prendas que cada día leva o meco: perruca, lentes, calcetíns, mandil…

Finalmente, o noso entroido escolar rematou polas rúas do noso concello. Estudantes e mailos profes desfilamos na tarde do venres día 16, conxugando por cursos distintos disfraces e personaxes.