‘AO REDOR DO CAMIÑO INGLÉS: O IES ARCEBISPO XELMÍREZ II E A SÚA CONTORNA’
Neste curso 2023-24 o IES Arcebispo Xelmírez II adentrouse na aventura de divulgar á comunidade educativa o Camiño inglés, xa que o centro está ubicado no roteiro do mesmo.
Fixéronse varias actividades vinculadas ás materias de Proxecto Competencial, Xeogragía e Historia, Inglés, Educación Plástica, e Educación Física, con alumnos de 1º da ESO. Ademais, tamén se colaborou coa biblioteca e co Clube de Lectura, así como a revista escolar.
Algunhas das actividades máis relevantes foron:
-A creación dun espazo destacado na biblioteca, para concentrar nun estand as publicacións relacionadas co Camiño, así como as suxestións de compra de novas adquisicións. Desde unha das aulas de 1º da ESO saía un camiño de pegadas que dixiría directamente cara o interior da biblioteca, para animar ao alumnado a percorrer o noso camiño da cultura.
-A -realización de entrevistas a persoas que fixeron o Camiño, ou viven na súa contorna, para contarnos a súa experiencia.
-A visita á Catedral de Santiago, donde nos guiaron polas capelas da xirola, que neste momento están sendo restauradas.
-A realización dun arquivo fotográfico de elementos patrimoniais do Camino inglés.
-O fomento das actividades físico-deportivas e hábitos saudables, a través de traballos de divulgación relacionados co equipamento e a alimentación adecuada para realizar o Camiño.
-A elaboración de posters en lingua inglesa para dar a coñecer as vilas máis importantes do Camiño inglés e o seu patrimonio.
-Exposición no corredor principal do centro, sobre o Camino inglés, con material íntegramente creado polo alumnado (fotografías, credenciais do peregrino, diplomas ou “compostelas”, carimbos, xogos, crebacabezas, cartelas, identificadores, fotografías do Camiño, etc.
Ao final do curso os alumnos e alumnas de 1º da ESO que traballaron neste proxecto, disfrutaron moito explicándolles ao alumnado de outros cursos, o producto do seu traballo, e todo o que fixeron durante o ano. Foi unha experiencia moi gratificante.


















