Últimas actividades: coñecendo máis a Ribeira Sacra (excursión ao encoro de Belesar e a Arxeriz). Charlas do alumnado de 3º ESO. Póster e vídeo final.

Entre maio e xuño realizamos as últimas actividades relacionadas co Plan Proxecta no que levamos traballando todo o curso:

– A mediados de maio, fixemos unha nova excursión para coñecer máis a Ribeira Sacra. A primeira parada foi o encoro de Belesar, donde a nosa guia, Mar, explicounos cando e como foi construído dito encoro, a importancia que ten, etc, e por que a Ribeira Sacra é paisaxe cultural. Despois desprazámonos ata Arxeriz donde nos esperaba Sonia quen tamén nos explicou datos moi interesantes sobre o ecomuseo, o pazo e o castro. Para saber máis destas visitas preme nesta ligazón á páxina web do IES Río Cabe:

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/2208

– Na primeira semana de xuño, o alumnado de 3º ESO estivo moi atarefado explicando aos seus compañeiros/as de  1º, 2º, 4º ESO e ao profesorado, o que aprenderon durante este curso sobre as pegadas que os romanos deixaron na Ribeira Sacra. Divididos en grupos, foron explicando clase por clase distintos aspectos do seu traballo: comezaron explicando desde cando a Ribeira Sacra é BIC e por que retirou a súa candidatura en xuño de 2021 para ser nomeada Patrimonio da Humanidade. Continuaron localizando nun mapa Proendos e o seu xacemento arqueolóxico, explicando cando se escavou, técnicas de prospección empregadas (xeorradar, magnetómetro e últimas tecnoloxías: drons e fotogrametría), restos romanos atopados (de mosaicos, cerámica, moedas, unha sandalia…  sobre todo centráronse no estudo do hipocausto e do hórreum); tamén analizaron as primeiras referencias a estes restos, cando chegaron os romanos á Galicia e á Ribeira Sacra e a importancia que ten este xacemento (por exemplo, aquí está o único hórreum de muros paralelos de Galicia e un dos poucos hipocaustos atopados na nosa Comunidade).

Algúns momentos destas charlas nas seguintes fotos:

  

  

 

Audio. Ligazón á entrevista feita polo alumnado de 3º ESO ao arqueólog Francisco Alonso Toucido: https://youtu.be/_S27JSRRxuo?si=0P2X7JldpP4_KbZ2

Vídeo. Ligazón ao noso Telecabe: https://youtu.be/QN7WvZ4FLas?si=nksoTPQ40g1O1fZ9

Ligazón ao IES Río Cabe: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/2236

Póster “Hipocaustos na Ribeira Sacra?”:  poster hipocaustos_pdf