Compartindo saberes: videoconferencia entre o alumnado do IES Río Cabe (Monforte de Lemos) e do IES San Mamede (concello de Maceda) sobre a olaría tradicional da Ribeira Sacra

O pasado 15 de xuño tivo lugar unha das últimas actividades relacionadas co Plan Proxecta no que o alumnado de 3º ESO estivo traballando durante todo este curso. A actividade consistiu nunha videoconferencia entre o noso centro (IES Río Cabe, en Monforte de Lemos, Lugo) e o IES San Mamede, no concello de Maceda, Ourense. ...

Charlas do alumnado de 3ºESO aos seus compañeiros de 1º, 2º, 4º ESO e ao profesorado sobre a olaría de Gundivós

Os alumnos/as de 3ºESO estiveron moi atarefados as dúas últimas semanas do mes de maio explicando aos seus compañeiros/as de 1º, 2º, 4º ESO e aos profesores, o que aprenderon durante este curso sobre a olaría de Gundivós. Divididos en grupos (oito en total!), foron explicando clase por clase (e aos profesores nun recreo) distintos ...

“Gundivós, terra de oleiros”. Nova actividade para seguir coñecendo a Ribeira Sacra: visita a Arxeriz (Ecomuseo, Pazo e Castro)

O pasado xoves 28 de abril os alumnos/as de 3º ESO realizaron unha excursión a Arxeriz onde visitamos o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. O obxectivo era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!! Ao chegar ao Ecomuseo fomos recibidos por Mar e Sonia que nos explicaron como se vivía nesa zona ...

“Gundivós, terra de oleiros”. Actividade realizada para coñecer a olaría tradicional doutras zonas fóra da Ribeira Sacra (“poterie” de Gèr)

O alumnado de 3º ESO que cursa a materia de Francés II lingua estranxeira, realizou un traballo na aula onde se comparou a olaría tradicional de Gundivós cunha olaría tradicional do norte de Francia. Con este fin, realizouse unha pesquisa para coñecer a alfarería tradicional de Gèr, unha aldea duns 80 habitantes que se atopa ...

“Gundivós, terra de oleiros”. Actividades realizadas para coñecer a olería de Gundivós (concello de Sober)

“Gundivós, terra de oleiros” é un proxecto no que están traballando os nosos alumons/as de 3ºESO. O primeiro trimestre adicámolo a organizar as actividades, a facer grupos cos alumnos/as, e a buscar información sobre a Ribeira Sacra en xeral, centrándonos en Gundivós e na súa olería. Toda esta información (artigos de xornais, vídeos, blogs, etc) ...

“Buscando petróglifos pola Ribeira Sacra”

“Buscando petróglifos pola Ribeira Sacra” é un proxecto no que traballaron os alumnos/as de 3º ESO do IES Río Cabe de Monforte de Lemos durante este curso 2020/21, un curso cheíño de restricións, protocolos, máscaras, separación física, que nos obrigou a adaptar as actividades a esta situación. Aínda así o resultado final foi moi positivo ...