Hipocaustos na Ribeira Sacra?

“Hipocaustos na Ribeira Sacra?” é un proxecto no que o alumnado de 3º ESO está a traballar no presente curso 2023-2024 para, precisamente, dar resposta a esa pregunta.

A primeira actividade que se realizou foi unha enquisa moi sinxeliña sobre os hipocaustos a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente. O resultado, un ano máis, axudounos a ver a necesidade de facer este estudo. Primeiro a enquisa realizóuselle ao alumnado que participa neste proxecto e, dun total de 35 alumnos/as, ningún deles sabía o que era un hipocausto. Posteriormente, estes mesmos alumnos/as foron, aula por aula, facendo a enquisa a todos os cursos da ESO e Bacharelato, profesorado e persoal non docente, pero o resultado pouco variou. En total realizáronse 268 enquisas, 237 ao alumnado e 31 a profesorado e persoal non docente: ningún alumno/a soubo o que era un hipocausto (algúns dicían que si, pero á hora de definilo daban respostas moi variadas e incorrectas: un tipo de árbore da Ribeira Sacra, unha rocha, un exorcismo, un campo de hipopótamos, etc.), e das 31 enquisas feitas ao profesorado e persoal non docente só 6 o definiron correctamente.

Esta actividade de ir aula por aula facendo as enquisas gustoulles moito aos alumnos/as. Tamén participaron de bo grado no reconto e valoración dos datos obtidos. Algúns deses momentos quedan recollidos nas seguintes fotos:

Facendo enquisas:

   

Reconto e valoración dos datos obtidos

: