O TEU PASADO, O MEU PRESENTE

Neste primeiro trimestre realizáronse tres actividades que pretenderon sensibilizar ó alumnado e ver o estado dos seus coñecementos previos sobre o patrimonio material e inmaterial próximo a eles.

Na primeira iniciativa presentáronse diferentes imaxes e o alumnado tiña que respostar de forma oral ás seguintes cuestións: “que son?”, “que representan?”,  “son valiosas? por que?”. Posteriormente, presentamos unha clasificación das manifestacións patrimonias que apareceron nas imaxes, destacando: o patrimonio natural, o patrimonio histórico, o patrimonio cultural-lingüístico e o patrimonio arquitectónico-arqueolóxico. Para finalizar, o alumnado de 1º e 2º debuxou outros exemplos de manifestacións patrimoniais do concello para cada un dos catro tipos. O alumnado de 3º, 5º e 6º defendeu o porqué da súa clasificación nun ou outro patrimonio.

A segunda actividade enlazouse co Día Internacional do Patrimonio (16-11-2023). Empregando un vídeo realizado o curso pasado que leva o mesmo nome ca este proxecto, identificamos nunha táboa feita no encerado as diferentes manifestacións patrimoniais que aparecían, clasificándoas non catro tipos. Aproveitamos para descubrir todo o pasado e a riqueza que albergan moitos dos bens patrimoniais que saían na produción audiovisual.

A seguinte tarefa, xa como actividade extraescolar durante as vacacións de Nadal, ten por obxectivo que o alumnado visite en primeira persoa unha manifestación do patrimonio natural, outra do histórico, outra do cultural-lingüistico e outra do arquitectónico-arqueolóxico, sacando unha imaxe que deberán pegar nunha plantilla. De seguido, entregóuselle a cada alumno/a outra plantilla na que deben “investigar, preguntar, inventar…sobre as túas imaxes”.

2. Manifestacións patrimoniais

3. Actividade experimental ideas previas