(Galego) Charlas do alumnado de 3º ESO e vídeo que gravaron explicando o que aprenderon e fixeron durante o curso. Póster «Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra».

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Entre finais de maio e  principios de xuño tivemos as última sesións do noso ciclo de charlas. Desta vez, os relatores foron os alumnos/as de 3º ESO que explicaron aos seus compañeiros de 1º, 2º e 3º ESO e ao profesorado, o que aprenderon durante este curso sobre as alvarizas de Galicia, sobre todo da Ribeira Sacra (zona de Barantes no concello de Sober, e a alvariza de O Vello no concello de Nogueira de Ramuin). Divididos en grupos foron explicando clase por clase os distintos aspectos do seu traballo e, nun recreo, tamén ao profesorado.

Ligazón á  páxina web do IES Río Cabe: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/2002

Como produto final o alumnado participou na elaboración dun vídeo (TeleCabe) no que explican o que aprenderon sobre as alvarizas e as actividades que realizaron durante o curso.

Ligazón ao Telecabe: https://youtu.be/1pqLI1kxj-4

Charlas do alumnado e vídeo TeleCabe son actividades que nos permitiron dar a coñecer ao resto da comunidade educativa un aspecto máis da cultura da nosa contorna e coñecer as características principais dunha parte do noso patrimonio como son as alvarizas.

Ligazón Póster «Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra»:. Póster_Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra

Etiquetas