(Galego) ARTE NO AR NA RIBEIRA SACRA
O alumnado do segundo ciclo fixo en novembro un percorrido por Quiroga para contemplar os murais que forman a ruta da arte urbana “Arte no Ar”. Estiveron acompañados por mestras do centro e por Alejandro, técnico de turismo do Concello de Quiroga, que fixo de guía e explicoulles todo o relacionado co que representan os murais que poñen en valor en case na súa maioría lendas, traballos e tradicións da zona.


