(Galego) Cartas cifradas e mensaxes ocultas na correspondencia renancentista

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Plurilingüe de Ames realizaron a exposición Cartas cifradas renacentistas. Con este traballo seguiron explorando a paisaxe moderna de Ames no contexto global centrándose agora na cultura material.

 

As cartas, tanto persoais como oficiais, son os documentos máis frecuentes da Idade Moderna, e na época tamén era moi frecuente escribir mensaxes cifradas para evitar a espionaxe. Este aspecto da correspondencia da época chamou a atención dos alumnos e alumnas e por iso decidimos traballar nela. Existían moitos tipos de cifrados, entre os que o alumnado elixiu os numéricos e os semánticos, e tamén era moi frecuente enviar mensaxes secretas ocultas dentro dun texto aparentemente trivial. A mensaxe oculta escribíase e líase co uso dunha plantilla que posuían tanto o emisor como o receptor e que había que gardar ben en segredo para evitar que caera en mans inimigas.

Os alumnos e alumnas elixiron o tipo de carta que querían escribir, e nalgúns casos mesmo o autor, e procederon a súa redacción. Realizaron un glosario coa correspondente encriptación e unhas plantillas no caso das mensaxes ocultas.

 

Ao remataren o traballo de escritura, os grupos dobraron cadanseu documento ao xeito da época, xa que daquela non había sobres, e a seguir pechárono cun selo aplicado sobre lacre previamente fundido.

Finalmente, os alumnos e alumnas intercambiaron os documentos cos compañeiros e compañeiras que intentaron descifralos seguindo as pautas de encriptado e usando as plantillas correspondentes.