Facendo Camiño, Xuntos

O alumnado do 2º ciclo de Primaria do CPI Plurilíngüe dos Dices está a traballar o Camiño: iniciación ao Camiño en 3º facendo unha serie de  actividades motividoras, e en 4º facendo o estudio do Camiño como eixe vertebrador durante todo o curso.

Ao longo do ano académico traballaranse diferentes aspectos do Camiño mediante actividades, visualización de vídeos, lecturas, investigacións…… A maioría do traballo está recollido na páxina do Camiño de Santiago no blog de aula:

https://unhachaveaosaber.wordpress.com/o-camino/

O traballo semanal está organizado da seguinte maneira, ainda que como toda programación,  ten un carácter flexible e adaptarase as circunstancias que poidan xurdir. No caso de que algún membro falte: profesorado, alumnado sempre se sabrá que parte haberá que facer e poder ter unha continuidade.

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

Etapa

Factura

Lenda

Símbolo / Investigación

 

Na infografía que hai a esquerda móstranse algunhas das  actividades que foron realizándose ata o momento. E moi gratificador ver o gosto que mostra o alumnado con este tipo de actividades, potenciando as diferentes competencias básicas.

Durante todo o proceso traballamos as diferentes materias do currículo así como outros conceptos que van xurdindo por que na maioría das veces son eles mesmos quen van marcando o que traballar e aumentando a información.

Outras actividades que temos programadas para realizar no que queda de curso serían:

Charlas:

  • 4 de marzo con Rodrigo Costoya gran camiñante e escritor que realizaou os diferentes Camiños varias veces, que ven darnos a súa visión e información sobre esta ruta peregrina.
  • No terceiro trimestre teremos unha charla cun tiraboleiro da Catedral para que explique como funciona o Botafumeiro e que conte anédotas do mesmo.

 Ruta:

  • En Xuño temos programada e concertada a ruta Traslaio dende Vilanova de Arousa ata Pontecesures rememorando a travesía que supostamente fixeron os discípulos co corpo do Apóstolo Sant:iago ata Iria Flavia.
  • Visita guiada a Catedral e Pórtico da Gloria.

Xogos

  • Busca templaria: unha busca do tesouro con nove estacións para coñecer un pouco máis sobre o Camiño con diferentes actividades e enigmas.
  • Oca matemática : a través da oca  traballaranse deferentes conceptos matemáticos.
    (Estes dous xogos serán subidos proximamente nun seguinte artigo)
(Estes dous xogos serán subidos proximamente nun seguinte artigo)