(Galego) Festa renacentista no IES Plurilingüe de Ames

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O día 10 de maio, os alumnos de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames participaron nunha festa renacentista.

Para preparar a festa o alumnado fixo unha investigación dos productos da época en Europa, moi variados despois da colonización de América, e tamén da decoración da mesa, na que chama a atención a ausencia de auga, polo seu alto contido de bacterias, o uso de saleiros centrais pois o sal era un produto de luxo, ou de auga de rosas para lavar as mans.

 

Os alumnos e alumnas tamén investigaron sobre vestimenta, peiteados, xogos, deportes, música e danza.