Lourenzá, 1000 anos de historia

Este proxecto naceu cunha idea principal, que o alumnado fora quen de entender a historia da súa vila, analizando a evolución e as distintas etapas históricas de Lourenzá, poñendo en valor o seu patrimonio e a necesidade de coidalo. É dicir, o obxectivo principal era concienciar aos nenos e nenas do papel que eles xogan na conservación dos seus bens patrimoniais.

Para a consecución deste obxectivo leváronse a cabo diferentes actividades e tamén se realizaron varias saídas escolares. Entre as actividades podedes velas no noso blog.