O IES Plurilingüe de Ames recrea cadros da Idade Moderna

Os alumnos e alumnas de 3º de ESO A da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames recrearon diferentes cadros de estilo renacentista e barroco no marco do estudo da Paisaxe moderna de Ames entre os camiños de Santiago no contexto global da Idade Moderna.

Para esta recreación os alumnos e alumnas servíronse de recursos á súa disposición, sen mercar ningún elemento nin xerar lixo, no marco dunha filosofía sustentable e non consumista. Elixiron as obras que ían recrear, estudaron a temáticas destas, as expresións dos personaxes e mais as técnicas artísticas, e conseguiron resultados marabillosos como os que vos deixamos aquí:

 

 

Marta e María Magdalena, de Caravaggio. Cadro recreado por Candela Veiga e Nerea González.

 

O cabaleiro coa man no peito, de El Greco. Cadro recreado por Samuel Míguez.

 

Retrato de Jorge Manuel Theotocopuli, de El Greco. Cadro recrerado por Adrián Vilariño.

 

Mozas na ventá, de Murillo. Cadro recreado por Ana Beiroa e Carla Cantelar.

 

 

Santas Justa y Rufina, de Murillo. Cadro recreado por Carla Álvarez e Laura de la Torre.

 

 

Catro figuras nun escalón, de Murillo. Cadro recreado por Candela Veiga, Nerea González e Carla Álvarez.

 

 

 

A moza da perla, de Vermeer. Cadro recreado en versións de Ana Beiroa e Laura Montaña.