(Galego) O proceso desde o aceite artesanal á actualidade

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O alumnado de 5° e 6° de primaria asistiu  a unha charla- degustación sobre o aceite de Quiroga.
Esta actividade levouna a cabo Marta González Casas, nai dun alumno de 6°de primaria, gran coñecedora do tema e que expuxo as calidades do aceite producido na contorna de Quiroga que o fai tan diferente e especial ao do resto da península. Ofreceu información sobre os dous tipos de elaboración do aceite: o artesanal ( cun documental dos anos 80) e o moderno ( cunha presentación fotográfica).

Para rematar, o alumnado puido probar dous tipos de aceite: un feito coas variedades autóctonas de aceituna brava e mansa e outro elaborado con diferentes variedades.

Ao alumnado quedoulle un moi bo sabor de boca ao poder degustar este exquisito produto que se obtén das nosas terras quiroguesas.
Agora o alumnado sabe máis sobre o aceite e comprobou que tamén sabe moi ben.
Moitas grazas, Marta!!