visita ós faros de Cabo Prior e Punta Frouxeira

O venres 10 de xuño,como actividade final de este curso, o alumnado participante no proxecto Os faros, un tesouro cultural, visitou os faros de Cabo Prior e Punta Frouxeira.

Acompañados por varios docentes e unha guía da autoridade portuaria que lles explicou o funcionamento do faro de Cabo Prior e puideron acceder ó seu interior. Un docente do centro, coñecedor da comarca e das historias arredor dos faros, contoulles varias historias relacionadas co faro de Punta Frouxeira.