visita ós faros de Cabo Prior e Punta Frouxeira

02. Xullo 2022
O venres 10 de xuño,como actividade final de este curso, o alumnado participante no proxecto Os faros, un tesouro cultural, visitou os faros de Cabo Prior e Punta Frouxeira. Acompañados por varios docentes e unha guía da autoridade portuaria que lles explicou o funcionamento do faro de Cabo Prior e puideron acceder ó seu interior. ...

xeometría e morfoloxía dos faros

02. Xullo 2022
O alumnado de 2ºda ESO traballou deseñando e construíndo unha estructura cun mecanismo de transmisión e movemento e un sistema eléctrico simulando o funcionamento dun faro. Os grupos fan búsqueda de información sobre o tema a tratar, e toman a decisión do faro que van construir. Con varillas de papel comezan a elaborar a estrutura, ...

Hotel en “próxima apertura”

08. Maio 2022
Hotel en “próxima apertura”
Vai chegando o fin de curso e, con el, a fin do proxecto! En España (Galicia e Extremadura), xunto con Portugal e  Turquía, temos xa organizada a “apertura” dos Hoteis de Insectos da Cadea Europea do noso eTwinning. En Guitiriz, xa está asentado, preto do invernadoiro construído con botellas de plástico, convertendo esa parte do ...

“Gundivós, terra de oleiros”. Nova actividade para seguir coñecendo a Ribeira Sacra: visita a Arxeriz (Ecomuseo, Pazo e Castro)

O pasado xoves 28 de abril os alumnos/as de 3º ESO realizaron unha excursión a Arxeriz onde visitamos o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. O obxectivo era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!! Ao chegar ao Ecomuseo fomos recibidos por Mar e Sonia que nos explicaron como se vivía nesa zona ...

As familias e o patrimonio

15. Abril 2022
As familias e o patrimonio
No IES Poeta Díaz Castro estamos a desenvolver un proxecto para descubrir e valorar a nosa biodiversidade como un patrimonio natural, nesta ocasión, cun proxecto europeo eTwinning: Cadea de hoteis de insectos, cuxo TwinSpace recolle toda a información da actividade levada a cabo. Nesta ligazón podedes acceder á primeira descrición, neste medio, do noso proxecto. ...