Recuncho medieval na biblioteca do IESP de Ames
Os alumnos e alumnas de 2 de ESO da materia Geography and History realizaron unha investigación sobre a paisaxe medieval e os elementos medievais no municipio de Ames entre o 15 de marzo e o 18 de maio.
Esta investigación tivo tres fases: unha primeira fase de traballo documental, unha segunda fase de traballo de campo e unha terceira fase de elaboración e publicación dos resultados.
Para axudar aos investigadores, a nosa biblioteca puxo á súa disposición un recuncho medieval con bibliografía sobre a época e o noso muncipio. Unha vez realizada a primeira fase de documentación, os investigadores saíron ao campo a investigar sobre elementos naturais, elementos materiais, elementos inmateriais como topónimos, ditos e lendas, e personaxes históricas.
Podedes consultar os resultados do traballo dos nosos medievalistas no Museo virtual Kaleidoscape. Para entrar no museo virtual podedes acceder directamente. Non precisades darvos de alta na aplicación.
