Roteiro polo Ames renacentista e barroco do alumnado do IES Plurilingüe de Ames

Os alumnos e alumnas de 3 ESO A e 3 ESO F da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames realizaron unha investigación sobre os numerosos elementos da Idade Moderna existentes no noso municipio asociados aos dous camiños de Santiago que pasan por el (o camiño portugués e mais o camino de Fisterra e Muxía), e puxéronse en contacto con veciños e veciñas do municipio para poderen visitar eses elementos.

Unha vez feita a investigación e obtida a información de máis de 20 elementos da época, os rapaces realizaron un roteiro por doce deles. Os alumnos e alumnas foron os guías do roteiro transmitíndose entre eles os achados das súas pescudas e compartindo os tesouros do patrimonio da Idade Moderna de Ames. Este roteiro mais a información sobre os elementos de patrimonio da Idade Moderna de Ames está dispoñible no Museo Virtual KaleidoScape.
Joel e Kike guían a visita ao conxunto parroquial de San Cristovo de Tapia

 

Nese labor contaron coa amable e xenerosa colaboración de diferentes veciños do municipio, como o Sr. Xaquín (veciño de Agrón), o Sr. Xosé (veciño de Ames), o Sr. Xoán (veciño de Lens), que nos abriron as igrexas de San Lourenzo de Agrón, San Tomé de Ames e Santo Amaro de Barouta; e do Sr. Xavier (veciño de Lens e propietario do Pazo de Lens) que nos abriu e explicou a igrexa de San Paio de Lens e o Pazo de Lens. Para eles o noso profundo agradecemento.

 

O grupo con Javier Varela, propietario do Pazo de Lens, nos xardíns do pazo e diante do camelio de 230 anos.

 

Tamén trasmitimos o noso máis sincero agradecemento a tódolos pais, nais e diferentes familiares que axudaron ao alumnado na súa investigación; así como a veciños e veciñas que ofreceron apoio e información ao alumnado nos seus traballos de investigación.

 

Diferentes momentos do roteiro con distintos grupos actuando como guías nos diversos elementos patrimoniais da Idade Moderna visitados.