Torres de Altamira

O alumnado de 4º de Primaria visitou as Torres de Altamira acompañados polo arqueólogo e historiador Mario César Vila.

As Torres de Altamira son as ruínas dun Castelo medieval e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na Idade Media en Galicia.

O Castelo das Torres de Altamira atópase na aldea da Torre, na parroquia de Brión, rodeadas dunha magnífica paisaxe. Dende este lugar domínase coa ollada todo o Val da Amaía. Estes vestixios son un monumento máis importante e significativo deste municipio Declarado Ben de Interese Cultural.

 

VISITA ÁS TORRES DE ALTAMIRA