Visibilizando as necesidades do Forno do Cal

No segundo trimestre do curso, dende a materia de Iniciativa emprendedora o alumnado comezou a traballar en seis proxectos de pequenas empresas locais que darían resposta algunhas das necesidades actuais do forno do cal.
Partiuse da localización na contorna e da valoración do seu estado para as propostas dos distintos sectores: conservación e posta en valor, limpeza, sinalización, hostelería, tempo libre e turismo. Nas imaxes podedes ver algúns exemplos das propostas iniciais.
Pola súa parte, dende o museo estiveron traballando na elaboración das fichas 07 e 08 O Forno nos papeis, que aquí achegamos para coñecer máis a fondo a súa presenza nas fontes escritas.