Visita ás minas de Freixo e charlas de Manuel Lara e alumnado de 3º ESO
A principios de maio os alumnos/as de 3º ESO realizaron novas actividades que lles permitiron coñecer un pouco máis as minas de Freixo sobre nas que están a investigar. Desta vez, o noso convidado foi Don Manuel Lara, presidente da Asociación Buxa. Na súa charla explicounos como evolucionou a actividade industrial en Galicia desde o século XVIII con interesantes referencias a Monforte e ás minas de Freixo. Trala charla acompañounos nunha excursión ata Freixo para coñecer as instalacións mineiras que aínda se manteñen en pé (sala de trituración e lavado).
Para saber máis destas actividades preme na seguinte igazón á páxina web do IES Río Cabe: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/2433
En xuño os alumnos/as realizaron unha última actividade relacionada con este Proxecta que os converteu en relatores, ao explicar aos seus compañeiros/as de 1º, 2º, 4º ESO e profesorado o que aprenderon durante este curso sobre a Ribeira Sacra e as minas de Freixo. Divididos en grupos, foron explicando clase por clase distintos aspectos do seu traballo: comezaron explicando desde cando a Ribeira Sacra é BIC e por que retirou a súa candidatura en xuño de 2021 para ser nomeada Patrimonio da Humanidade; continuaron localizando xeográficamente as minas de Freixo e explicaron importantes datos sobre elas: orixe xeolóxica do xacemento, historia das minas, problemas para transportar o mineral, construción do funicular, destino da produción, quen era Federico Guillermo Cloos, etc.
Alumnado de 3º ESO expoñendo o seu traballo::
 
     
 
    