(Galego) Visita o Castelo da Rocha Vella

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O alumnado de 4º de Primaria visita o Castelo da Rocha Forte, tamén coñecido como Castelo dos Churruchaos,  e sitúase na parroquia de Conxo. É un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do Castelo medieval máis emblemático de Compostela que tivo un período de ocupación dende aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que foi destruído ata os seus alicerces polos Irmandiños. Nel tiveron lugar feitos moi sinalados da historia de Compostela.

Amais do seu valor defensivo, era un enclave perfecto para controlar a entrada e saída da cidade de xentes e mercadorías, xa que se atopa nas proximidades do antigo camiño que unía Santiago con Noia e co camiño de Padrón, ao Camiño portugués, que seguían os peregrinos a Santiago dende o sur de Galicia. Este foi o motivo principal de que o castelo, ao contrario do habitual, se colocara ao carón do río, no fondo dun val, e non nunha posición predominante en altura.

O castelo funcionaba como punto de control do camiño cara ao mar, como primeiro posto de defensa ante previsibles invasións que puideran entrar, a través da Ría de Arousa e o río Ulla, contra a cidade.

O alumando coñeceu este sitio arqueolóxico da man do arqueólogo e historiador Mario César Vila.

VISITA AO CASTELO DA ROCHA VELLA